15 jul 2016

TORNEO DE VOLEI PRAIA

Imaxe: arquivo 2015 / BM


Camposancos acolle o Circuito Galego de Volei Praia.





Este fin de semana, Camposancos acolle o Trofeo Concello de A Guarda de Volei Praia. A proba, puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior, está organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Organizia EventoGlobal
Dende as 9 da mañá e ata a noitiña, o areal camposino acollerá o Circuito Galego de Volei Praia nas categorias de infantil, cadete e sénior. O desenrolo da proba, en sénior (sénior, sub21 e sub19), a previa vaise a xogar o mellor de 3 sets de 15 puntos os dous primeiros e 10 o terceiro de ser preciso. O cadro final xogarase o mellor de 3 sets de 21 puntos os dous primeiros e 15 o terceiro de ser preciso, e para Cadete e Infantil, serán encontros o mellor de 3 sets de 15 puntos agás as semifinais e finais que serán o mellor de 21 puntos (15 puntos o derradeiro set de ser preciso).
Os encontros disputaranse na praia do Codesal.

Horarios/Lista de inscritos:


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas po la boa informacion

t015 dijo...

Moitas grazas po la boa informacion