CAMPOSANCOS



Camposancos está situado na desembocadura do Río Miño, no medio dunha natureza idílica, con esplendidas praias como A Lamiña e O Muiño.
Camposancos é un pobo de mais de 970 habitantes e xudíricamente é unha Entidade Local Menor dentro do axuntamento de A Guarda.
Nas súas augas fluviais e oceánicas pódese practicar toda clase de deportes e degustar os meiores pratos, como a lamprea, a lubina, os mariscos, etc.
O pobo está abrigado dos ventosdo norte polo Monte Trega, dende cuxa cume contémplase unha das mais impresionantes panorámicas da natureza.
A visita e o disfrute de Camposancos quedará na súa retina como un dos recordos mais fermosos da súa vida.



Entidade Local Menor de Camposancos.
A Entidade Local Menor de Camposancos pasa por ser a máis antiga de tódalas que existen en Galicia, funcionando xa a finais do século pasado unha Xunta Administrativa para a xestión dos bens do Coto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Este coto dependía inicialmente no Antigo Réxime do bispado de Tui, séndolles arrendados os seus bens ós veciños desta parroquia no ano 1761 e posteriormente redimido este foro a favor dos mesmos no ano 1870.
A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase no ano 1798 logo da súa escisión da de San Lourenzo de Salcidos. Nos períodos liberais anteriores ó definitivo establecemento constitucional dos concellos aparece como concello propio; sen embargo, na definitiva distribución aprobada para o Partido Xudicial de Tui en 1836 esta parroquia inclúese dentro do concello da Guarda, situación que se mantén ata a actualidade.
Ten esta parroquia unha superficie total de 412 hectáreas nas que residen mais de 970 habitantes, distribuídos nos lugares de A Armona, Bouza da Fonte, O Couto, A Granxa, O Outeiro, O Muíño, Pombal, A Pasaxe, Sa e Salgueiró. Inclúese no territorio desta parroquia unha parte do Monte de Santa Tegra e dispón de coñecidas praias.
Como Entidade Local Menor é recoñecida, logo da aprobación do Estatuto de Municipal de 1924, en abril de 1925, constituíndose definitivamente na sesión do 23 de maio de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Domingo Domínguez.
A organización dos fondos documentais supuxo o inventariado de cincuenta e tres unidades de instalación, que recollen testemuños documentais dende 1761 ata a actualidade.
Dentro deste fondo destacan as actas dos órganos de goberno, que só se conservan dende 1955; e sobre todo a documentación referida ó patrimonio, que conserva orixinais e copias de todo o proceso antes relatado de arrendamento e redención do foro dos bens do Coto de Camposancos, da constitución da parroquia e dos principias acontecementos referidos ó devir desta Entidade Local Menor.
En todo caso, como é habitual, a maior parte do volume documental (53%) corresponde á elaboración e control presupostario entre os anos 1920 e 1995.

A Festa de San Amaro, o 15 de xaneiro, é a festa patronal da parroquia de Camposancos, na honra de San Amaro, avogado dos reumáticos e tolleitos. O sábado máis próximo a esa data celébrase a festa gastronómica da Paletada, que conmemora unha antiga tradición local.

Asociación "Os Amigos".
(Próximamente)

Fotografías: