25 mar 2016

EXPOSICIÓN

Parte da exposición / B.M.

Camposancos acolle a exposición de Guillerme Vicente "Mesas Singulares".




Dende o pasado 24 de marzo ata o vindeiro día 27, a Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos acolle a exposición  de Guillerme Vicente Machado "Mesas Singulares".
Esta exposición conta cunha trintena de mesas que foron diseñadas polo autor nestes últimos 5 anos. A elaboración destas pezas únicas, de longos meses de traballo, comeza con un croquis e cun debuxo a escala, e nas mesas mais complexas ata con unha maqueta para saber as proporcións e os volumenes. O propio autor afirma que para realizar estas pezas a man necesítase moita paciencia e moita habilidade. A boa acollida desta exposición incluso sorprende a xente do oficio pola complexa execución á hora de facer ditas mesas.
Esta exposición permanece aberta nos horarios de 12h a 14h polas mañáns e de 17h a 21h polas tardes ata o vindeiro domingo 27 de marzo.

VÍDEO

IMAXES

Texto/Imaxes: Brais Martínez.es


No hay comentarios: