13 jul 2016

OBRAS

Estado actual das obras / BM


Continua a rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do Codesal.





Dende fae uns dias, retomáronse as obras no antigo campo do Codesal. Uns meses atrás, levouse a cabo a ampliacion da senda litoral, que percorre dende o Porto guardés e continua ata a Armona pasando polo Puntal e a Praia do Muíño ata o Codesal.


Nesta obra o que se pretende facer é derrubar todo o muro de pedra que rodea o campo e demoler as instalacións para poder crear unha zona de esparcimento que desfrutarían tanto os veciños e veciñas guardeses e camposinos coma os visitantes que chegan á vila durante os meses de verán.
Nas obras tamén se contempla a construción dun cercado de madeira para delimitar a zona e impedir que entren os vehículos.

Primeira fase
Esta rehabilitación medioambiental e paisaxística do Campo do
Codesal sería, tal e como comentaron Antonio Lomba e Rafael Álvarez, a primeira fase dun proxecto moito maior e máis ambicioso.
Así, coa axuda doutras entidades o que se busca e rehabilitar tamén a zona de A Lamiña e conseguir unha zona de esparcemento e deportiva para o uso dos veciños e visitantes.





No hay comentarios: