29 oct 2015

OBRAS

As obras no Codeal / C.A.G.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez revisan as obras do Codesal.

 



O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, xunto co Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez, revisaron na mañá de hoxe os traballos que se están levando a cabo na zona do Codesal. Estas obras, forman parte do proxecto “Recuperación da escollera da pista entre a Armona e O Codesal”. Esta primeira fase é unha actuación que busca a rehabilitación medioambiental do campo do Codesal.

Nesta visita tamén estiveron responsables de Costas, entre o que se atopaba o técnico Antonio Iglesias.

Neste encontro tanto o alcalde coma o Concelleiro puideron ver in situ os traballos que xa se están levando a cabo, por exemplo, para a ampliación da senda para o paso dos peóns.

Outros proxectos

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, aproveitou esta visita para falar cos responsables de Costas sobre o proxecto de “Acondicionamento da área da Lamiña-Armona”.

Neste punto o rexedor guardés volveu a reafirmar a súa proposta de ampliar o areal, crear unha zona de esparcemento e un novo aparcamento na zona da fábrica de Rego.

Antonio Iglesias, atendeu ó alcalde da Guarda e explicou que Costas podería realizar este proxecto por fases.
Así, a primeira das actuacións,  sería unha recuperación medioambiental da praia que consistiría nunha retirada de escombros e o recheo coa area dragada do río.

Primeira fase entre o Codesal e a Armona / C.A.G.

Texto/Imaxes: C.A.G. 

No hay comentarios: