15 oct. 2015

ENTIDADE LOCAL MENOR

Asistentes á reunión / C.A.G.

O equipo de goberno do Concello da Guarda e da Entidade Local Menor de Camposancos celebran unha reunión de traballo.




Onte, mércores 14 de outubro,o equipo de goberno do Concello da Guarda e o da Entidade Local Menor de Camposancos, celebraron una reunión de traballo.
Neste encontro cordial, o goberno camposino e o guardés puxeron en común todas aquelas actuacións que consideran importantes para levar a cabo nesta lexislatura. Esta reunión se encadra dentro da estratexia do equipo de goberno guardés para priorizar e secuenciar no tempo as obras que se van facer tanto na Guarda coma en Camposancos durante os próximos catro anos.
Ambos gobernos estiveron de acordo nas necesidades prioritarias para os camposinos.

Obras e actuacións
Na actualidade, tal e como resaltou o alcalde guardés, Antonio Lomba, neste encontro, xa se está traballando en diferentes proxectos.
Así, o goberno local traballa na redacción do proxecto de “Regulación do tráfico e humanización da fachada marítima da praia de O Muíño”.
O Concello tamén está en contactos con Costas do Estado para traballar na rehabilitación do aparcamento da praia de A Lamiña. A proposta que propuxo o goberno local foi o desprazamento do aparcamento cara a antiga fábrica de Riego para recuperar este espazo para facer unha zona de deportes de praia.
Á vez está a punto de executarse a obra de “Recuperación da escollera da pista entre a Armona e O Codesal, na que tamén está proxectada a continuación da senda peonil por debaixo do campo do Codesal.
Neste punto, ambos gobernos coinciden en que a seguinte actuación debe ser a demolición do muro e as gradas do campo para recuperar esta zona coma un espazo público.
Ademais de todos estes proxectos que xa están en marcha, hai outras obras que ambos gobernos consideran necesarias nesta lexislatura. Así na reunión falouse da urbanización da subida a San Amaro, obra prevista para o ano 2016 e o remate da urbanización do Camiño Central na zona de Salgueiró, actuación que precisa da reposición de servizos e dun novo firme. Esta última obra aínda non ten data concreta.
Ambos gobernos acordaron reunirse de novo dentro duns meses para ver o estado das execucións dos proxectos e obras mencionadas.

Asistentes á reunión / C.A.G.


Texto/Imaxes: C.A.G.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Haber,si de una vez por todas se arregla la zona marítima de la ARMONA al Codesal,y se soluciona el vertido de fecales a la plya,que cada vez que sucede el concello lo achaca a los ratones,que comen los cables el la depuradora,OS VECIÑOS XA NON CREEMOS CASE NADA