![]() |
O nido no churrasqueiro / Cedida |
O GES de A Guarda retirou esta tarde un nido de Avespa Asiática (Vespa Velutina) en Camposancos.
Esta tarde O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Emerxencias (GES) de A Guarda, retirou un nido da vespa velutina nigrithorax, máis coñecida como Avespa Asiática.
Os membros do GES desprazáronse ata a Granxa Nova para proceder a retirada do nido situado na parte de atrás dunha vivenda particular. Situado a uns dous metros de altura, os bombeiros empregáronse a fondo nunha complexa e delicada operación utilizando nitróxeno para proceder a súa retirada.
Imaxe: Cedida
Texto: Brais Martínez.es
Texto: Brais Martínez.es
Semanas atrás, operarios de TRAGSA retiraran outro niño noutra vivenda ante as cámaras:
VÍDEO
FOTOGRAFÍAS
1 comentario:
Buen reportaje,parabens
Publicar un comentario