19 ago 2015

VIII TORNEO DE VOLEI PRAIA



O vindeiro sábado 29 de agosto dispútase o VIII toreno de Volei Paria na Lamiña.




1.ORGANIZA:

A Concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza o VIII Torneo Volei-praia “Despide o verán 2015”


2.DATA E LUGAR:

Celebrarase o sábado 29 de agosto na Praia A Lamiña.

O horario disporase en función do número de equipos participantes, comezando o torneo o sábado pola mañá, e reservándose a organización a posibilidade de disputar as finais o domingo.

O calendario e horarios definitivos de cada partido serán publicados o venres 28 pola mañá, na páxina de facebook, blog:deporteaguarda.blogspot.es ou no Concello da Guarda.


3.INSCRICIÓN DOS EQUIPOS:

O torneo estará formada por todos os equipos inscritos que teñan un mínimo de 2 participantes. Os equipos poderán ser indistintamente masculinos, femininos ou mixtos.

O custo da inscrición será o de aportar unha bolsa de alimentos, para o banco de alimento do Concello da Guarda no que actualmente existen carencias en: Cola Cao, atún, leite, aceite, conservas (tarros e latas), tomate frito, pataca e azucre. Non traer pasta nin arroz.

Se algún equipo ou xogador non consegue o mínimo necesario para formar un equipo, por favor, infórmenos a través da páxina de facebook: “Deporte na guarda” ou envíen un correo electrónico a deporte@aguarda.es

O prazo de inscrición finaliza o mércores 26 as 23:59, non admitíndose inscricións fóra de prazo. O método inscrición é directamente no Concello, a través do correo deporte@aguarda.es ou nos números 647 368 928(Emmanuel) 627 744 751(Daniel)


4.NORMAS E REGULAMENTO DO TORNEO DE VOLEI PLAIA: ORDE NO SAQUE:

- A orde no saque debe manterse o longo do set (determinado polo capitán do equipo inmediatamente tras o sorteo)
- Cando o equipo en recepción gañe o dereito a sacar, os xogadores “rotarán” unha posición.
XOGADORES NA REDE:
- Non se pode tocar a rede, sen excepción
- Durante el bloqueo, un/unha xogador/a pode tocar o balón máis alá da rede, a condición de non interferir no xogo do adversario antes ou durante o golpe de ataque deste último,
- Despois do golpe de ataque está permitido a un/unha xogador/a pasar a man por enriba da rede, a condición de que o contacto co balón se fixera no seu propio espazo de xogo.
PENETRACIÓN NO ESPAZO, CAMPO OU ZONA LIBRE RIVAL:
-1 xogador pode penetrar no espazo, campo ou zona libre do adversario sempre que isto non interfira no xogo do adversario.
XOGADOR E BALÓN:
- Non se pode recibir o balón nin pasalo ó campo contrario con un "toque de dedos".
- Non se pode facer fintas coa man aberta ou cos dedos (como no volei pista), o golpe de ataque ten que ser un golpe seco e coa palma da man ou cos cotenos.
- O bloqueo conta como toque e despois deste o mesmo xogador pode golpear o balón novamente.
- O balón pode tocar calquera parte do corpo
- Nas recepcións só se permitirá un toque sen acompañamentos. Non se permitirá a acción na que se reciba con dous segmentos corporais golpeando o balón de forma individual cada un deles (dobre toque).
SISTEMA DE PUNTUACIÓN:
- 1 Set a 21 puntos (con límite de puntos de 25 o diferencia de 2), intercambiarase o campo cada 7 puntos.
- A semifinal y a final serán a 3 sets (Os 2 primeiros a 21 e o 3º a 15). Non hai límite de puntos, en caso de empate a diferencia de 2.
SORTEO:
Os participantes entrarán todos no mesmo bombo e conforme se vaian extraendo irán adxudicándose de maneira aleatoria ós grupos (dependerán do número de participantes)
TORNEO:
Realizarase un único torneo masculino, feminino y mixto, todo no mesmo bombo.


PARA MÁIS INFORMACIÓN
Concello da Guarda
Praza do Reló, 1 – 36780 A Guarda (Pontevedra)
Telf. 986 614 546 / Fax: 986 610 283 att. DEPORTE
Daniel: 627744751 ou Emmanuel: 647368928
Facebook: Deporte na Guarda
e-mail: deporte@aguarda.es
web: www.aguarda.es


Fonte: C.A.G.


No hay comentarios: