3 ago 2015

ENTIDADE LOCAL MENOR

Tamén visitaron A Lamiña // C.A.G.

O alcalde Pedáneo da Entidade, Rafael Álvarez, xunto o alcalde de A Guarda rebiciron a xefa de Costas do Estado na Provincia de Pontevedra, Cristina Paz-Curvera.




O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu esta mañá a visita da xefa de Costas do Estado na Provincia de Pontevedra, Cristina Paz-Curvera.

Neste encontro, no que tamén estiveron presentes o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, o alcalde Pedáneo da Entidade Menor de Camposancos, Rafael Álvarez e o Técnico de Costas, Antonio Iglesias, o alcalde guardés mostrou o seu interese por levar a cabo diferentes proxectos na localidade.

A primeira visita foi ao entorno do Campo do Codesal, punto no que nos próximos días Costas comezará as obras da “Senda do Codesal e encollera da pista Armona-Codesal”. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto de rehabilitación do campo do Codesal para a adecuación dunha zona de esparcemento.

No terreo, o técnico de Costas mostrou o trazado polo que se construirá a senda que permitirá o paso para os peóns.

Dende este primeiro punto trasladáronse o entorno da praia da Lamiña. Neste espazo, comentou o alcalde da Guarda, o que se busca é facer un proxecto moito máis “ambicioso”. Así, Lomba, propuxo unha actuación no entorno no que se contemplase a rehabilitación con area do espazo que nestes momentos fai de aparcamento para converterse nunha zona de deportes de praia, aumentarlle metros ó areal e, na finca da antiga fábrica de Riego, construír un aparcamento.

A xefa de Costas en Pontevedra, mostrouse moi receptiva con esta idea e instou ó Concello a enviar un pequeno informe coas actuación para poder comezar a ter contactos con Medio Ambiente e estudar a viabilidade deste proxecto. Nos próximos días o alcalde guardés espera enviar dita documentación.

Antonio Lomba tamén quixo mostrar tanto o técnico de Costas, Antonio Iglesias, coma a xefa en Pontevedra, Cristina Paz, o entorno da praia do Muíño e presentáralles o proxecto que está pendente do finanzamento da Xunta de Galicia.


O proxecto para este entorno ten recollido a realización dunha rotonda para a ordenación do tráfico e a recuperación da fachada da praia como unha zona de esparcemento.

Tanto o alcalde guardés, coma a responsable de Costas, mostráronse moi satisfeitos pola visita e acordaron estar en contacto para facer real o proxecto do entorno da Lamiña.




Texto/Imaxes: C.A.G. 


No hay comentarios: