21 jul 2015

XXIV CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

Os deseños de area encheron a praia / CAG

Preto de 100 nenos e nenas xogaron coa imaxinación no XXIV Concurso de Figuras de Area na Praia do Muíño




Preto de 100 nenos e nenas xogaron coa imaxinación no XXIV Concurso de Figuras de Area na Praia do Muíño

A xornada comezou puntualmente ás 11 horas coas primeiras inscricións dos intranquilos nenos que se achegaron para inscribirse nas cinco categorías propostas: individuais segundo a idade e grupo ata 4 participantes. Como é habitual a categoría con máis participantes foi a grupos con 78 inscritos.
A finalidade desta actividade é que os nenos desenvolvan unha actividade lúdica ó aire libre e ó mesmo tempo que xoguen ca imaxinación.

Ás 12.00 horas os nenos e nenas comezaron a realizar a figura e moitos nenos xa traían o deseño pensado e inclusive algúns deles xa estiveran realizando probas días antes. Para recobrar forzas durante a hora do concurso o nenos recibiron un botellín de auga mentres o xurado tomaba nota de cada figura.
Ás 13.15 horas o xurado indicou os gañadores nas diferentes categorías aínda que sí quixeron destacar a gran calidade nos deseños desta edición. A continuación, fíxose entrega duns agasallos ós nenos que participaron nesta xornada lúdica. Recibiron do concello un balón de praia e un xeado, o agasallo tradicional do concurso.

Para rematar o concurso deste ano os membros do xurado e concelleiros da Guarda fixeron entrega ós gañadores das cinco categorías un vale para ser trocado nas librerías do concello adheridas a iniciativa. Os primeiros de cada categorías recibiron un vale cun importe de 20 € e os segundos de 10 €.
Organizou: Concello da Guarda, Concellería de Medio Ambiente
Colaborou: Anabam, Entidade Local Menor de Camposancos, Abanca e o Hotel El Molino.



Texto / Imaxes: C.A.G.

No hay comentarios: