15 jul 2015

XXIV CONCURSO DE FIGURAS DE AREA



Este domingo día 19, celébrase na praia do Muíño o XXIV Concurso de Figuras de Area.






Este domingo día 19, celébrase na praia do Muíño en Camposancos, o XXIV Concurso de Figuras de Area. Como en anteriores edicións, nas que chegaron a ser case 200 participantes, o Concello de A Guarda espera que sexan moitos os nenos e nenas que se animen a participar nesta divertida iniciativa.

Aqueles rapaces e rapazas interesados en concursar deberán inscribirse a partir das 11 da mañá no propio areal. A proba comezará ás 12 horas.

Esta edición do concurso contará cunhas bases que regularán o desenvolvemento do mesmo.

Os nenos e nenas poderán participar nas categorías individuais segundo a súa idade. Así haberá unha de 3 a 5 anos, outra de 6 a 9, a seguinte de 10 a 12 e a última de 13 a 16 anos. Na categoría de grupos están permitidos ata catro compoñentes.

Todos os rapaces e rapazas que participen neste concurso terán un agasallo. Ademais o xurado escollerá o 1º e 2º premiado de cada unha das categorías.

Con esta actividade dende o Concello de A Guarda busca fomentar a orixinalidade e o traballo en grupo dos máis pequenos.


Texto: C.A.G.

No hay comentarios: