14 jul 2015

HORARIOS FERRY VERÁN 2015

Foto: arquivo 2010 / B.M.

Consulta os horarios do ferry-boat que une Caminha con Camposancos.




O ferry-boat que une a localidade da Guarda coa vila portuguesa de Caminha fixou os horarios do mes de xullo e agosto.
Este transporte, que une Galicia con Portugal, polo río Miño, funcionará durante toda a semana.
De luns a venres, dende Portugal o ferry sairá a partir das 9 (horario español) a todas as horas en punto, excepto ás 14 horas, ata ás 21. Por outra banda, as saídas dende Camposancos, serán a partir das 9,30 ata ás 21,15, excluíndo o das 14,30 horas.
Os sábados e os domingos o horario comezará dende Caminha ás 10 e dende A Pasaxe dende as 10,30 horas.



Texto: C.A.G.
Imaxe: Brais Martínez

No hay comentarios: