11 jul 2015

HOMENAXE Á CMVMC DE CAMPOSANCOS

Monolito homenaxe á CMVMC / B.M.

ANABAM celebra o seu 30º aniversario nomeando socia de honra á Comunidade de Montes de Camposancos.




O pasado venres 10 de xullo, ANABAM celebrou varios actos con motivo do seu 30º aniversario.
Fundada no ano 1985, a Asociación Naturalista Baixo Miño, desenvolve a sua actividade na comarca galego-portugesa do Baixo Miño. Entre as suas actividades, destaca a investigación e estudo, a protección e conservación, a educación ambiental e tamén a divulgación do patrimonio natural.

Previo ó acto central, a asociación inaugurou un monolito conmemorativo do 30º aniversario e dedicado á Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Camposancos. A obra, do escultor Juan Vázquez, está situada na área recreativa de Chans, no Monte Santa Trega. A asociación agradeceulle á Comunidade o seu apoio e colaboración, e en especial a cesión do terreo para ampliar a área de distribución e conservación para a bolboreta dos érbedos.

Juan Vázquez explicou que o monumento contén unha raíz coa bolboreta, xunto unha rá e unha píllara papuda.

O principal acto, no Centro Cultural de A Guarda, contou con un concerto do grupo galego-portugués De Outra Margem e o cantautor guardés Tino Baz. Coa presentación por parte do presidente, Agustín Ferreira, e o vicepresidente, Manuel A. Pombal, proxectouse un vídeo resumo destes 30 anos e nomearon socia de honra á Comunidade de Montes de Camposancos. Álvaro quixo transmitirlle o agradecemento dende a Comunidade á ANABAM, trala entrega da placa e o descubrimento do monolito, e felicitar polo seu aniversario.

Ata o vindeiro 29 de xullo, pódese visitar unha exposición de pintura de Joel Correia con parte da sua obra.

VÍDEO


FOTOS (link galería)



Texto/Imaxes: Brais Martínez.es


No hay comentarios: