![]() |
Foto: arquivo / B. Martínez |
Rescatan a unha muller tras envorcar a zodiac que manexaba no Río Miño.
O persoal do servizo de socorrismo da praia do Muíño, en Camposancos, alertou ao 112 Galicia dunha zodiac que envorcara e cuxa ocupante podía estar en apuros. Así, informouse a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación ata o punto. Finalmente, a muller foi rescatada por medios marítimos da Marinha de Portugal e levada a un porto da beira portuguesa, onde agardaba persoal sanitario. Dende o CAE 112 Galicia informouse, igualmente, ao Servizo Gardacostas de Galicia, GES de A Guarda e Garda Civil e helicóptero Pesca 1, que chegou ata o lugar do suceso e que finalmente non interviu. O suceso tivo lugar ao redor das 17:30 horas deste sábado 4 de xullo.
![]() |
Os socorristas o areal camposino foron os primeiros en alertar ó 112 / B.M. |
Texto: Axega 112
Imaxe arquivo: Brais Martínez.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario