2 jul 2015

BANDEIRA AZUL E ECOPLAYA NO MUÍÑO

As bandeiras xa ondean no areal / B.M.

Á Bandeira Azul, este ano hai que sumarlle a bandeira 'Ecoplaya' á Praia do Muíño.




Un ano máis, e por sexto ano consecutivo a Praia do Muíño ondea a bandeira azul. Este distintivo, que outorga anualmente a Fundación Europea de Educación Ambiental, é entregada cando ás praias e portos que cumpren unha serie de condicions ambientais e instalacións, destacando entre estes as normas de calidade da auga, a seguridade, a prestación de servizos xerais e de ordenación do medio ambiente.
Este ano 2015, e por primeira vez, ondea tamen na praia fluvial a bandeira 'Ecoplaya'. Dito galardon promovido por ATEGRUS (Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medioambiente) certifica a súa calidade dende un punto de vista ambiental, premiada pola limpeza manual, que axuda a conservar o ecosistema do areal.
A praia do Muíño, situada en plena desembocadura do Río Miño en Camposancos, goza dun enclave natural, onde cada ano recibe milleros de visitantes.


Texto/Imaxes: Brais Martínez.es



1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois a conservala,coa a axuda de todos