29 jun 2015

XI XUNTAZA DE PALILLEIRAS

Participaron un cento de personas / B.M.

Máis de 100 persoas acudiron a XI Xuntanza de Palilleras en Camposancos.




Este domingo tivo lugar a 11° edición da Xuntanza de Palilleiras en Camposancos organizada, un ano máis, pola asociación Os Amigos de Camposancos. Máis de 100 persoas deronse cita neste encontro onde o son dos palillos impúxose durante toda a xornada. Dende os máis pequenos da casa ata o máis grandes, a idade non importaba. Seguindo o ritmo dos bolillos de encaixe, enseñaban os máis novos desta profesión e compartían as suas técnicas de punto e seus trucos que van transmitindo de xeración a xeración.
A asociación A Floriña (Vilanova de arousa); as Palilleiras de Mos; a asociación de Palilleiros do Baixo Miño de Tui; As Xoaniñas do Retoral (Salvaterra), e palilleiras de A Guarda, Vigo e Redondela, xunto e a asociación Os Amigos de Camposancos, compartiron nesta xornada, ademais de crear as suas pezas, tiveron a ocasión de visitar o Castelo de Santa Cruz, en A Guarda.

VÍDEO:

 FOTOS (link galería):


Texto/Imaxes: Brais Martínez.es


No hay comentarios: