20 ago 2015

EXCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA

A Senda Litoral a escasos metros / B.M.

Varios arqueólogos traballan no Seixal trala aparición de varias estructuras.





Dende fae tres dias, varios arqueólogos traballan nunha exavación arqueolóxica no Seixal. Este proxecto, que se iniciou tralo avistamento de varias estructuras as últimas mareas por parte de varios veciños e que estes notificaron a Patrimonio.
Os arqueólogos pensan que se tratan dunhas saiñas para facer sal, e que nestes momentos intentan datar. Non desbotan a posibilidade de que estas estean relacionadss cos Castros de Santa Trega, pero tampouco que sean posteiros ou anterior.
Unha vez rematada a excavación, enviarán un informe á Xunta de Galicia para que esta decida o seu futuro.
Como anécdota, os numerosos veciños e turistas que transitan pola Senda Litoral que uno o Porto de A Guarda coa praia do Muíño, quedan sorprendidos polo despregamento e interensanse polas excavacións.
O proxecto está financiado pola Xunta de Galicia.

VÍDEO

FOTOGRAFÍAS

Texto/Imaxes: Brais Martínez.es

No hay comentarios: