6 abr 2015

APARECE UN GOLFIÑO COMUN


Aparece un Golfiño Común no Río Miño que finalmente falece na Lamiña.



PB / Camposancos

Numerosos veciños achegáronse na tarde do domingo tras avistar un Golfiño merodear polas augas do Río Miño na costa de Camposancos. O animal, avistado nun primeiro momento na Praia do Muíño chegou ata a praia do Caldeiro, debaixo do compleo deportivo do Codesal.

Axudado polos bañistas para volver á auga tras varar en numerosas ocasións, finalmente faleceu na beira da auga.

Agustín Ferreira, presidente de ANABAM, confirmaba que se trataba dun macho adulto do Golfiño Común. Probablemente o exemplar, de 2,15m, tivera algúnha enfermidade ou problema e acabara desviandose da sua manada. Tamén asegurou que no Rio Miño é algo anecdótico poder observar un golfiño pero que non é a primeira vez.

Un membro de CEMMA achegouse ata o lugar para recoller o animal e levalo ata o centro para estudalo e facerlle a autopsia e así coñecer con certeza a causa da morte.

A necropsia realizada polos especialistas da CEMMA confirmou que este cetáceo padecía unha grave neumonía, caquectia e fallo multiorgánico..

VÍDEO:

FOTOS:
 
Fotos: Brais Martíez.es

No hay comentarios: