15 abr 2015

CURSOS DE VELA



Cursos de vela no Río Mño no mes de xullo e agosto.



Club Alagua / Camposancos


 
O Clube Alagua comezou a sua andadura coa escola de forma continuada dende o pasado verán ensinando a navegar semanalmente tanto a nenos como a mozos. Coa chegada da primaveira, comeza unha nova campaña para seguir intentando facer chegar a vela a toda persoa interesada tanto en recibir clases, como en poder acceder a unha toma de contacto co apaixonante mundo das regatas ou a navegación por pracer.

Por iso, pensando na tempada estival, o clube ofrecerá xornadas con bautismos de vela lixeira na embarcación colectiva que admite un máximo de ata sete tripulantes incluído o patrón e cursos en embarcacións de 1 e 2 tripulantes.
Os cursos distribúense en clases semanales en horario de mañá e tarde (só no verán) e fins de semana (o resto do ano).

A día de hoxe, o clube conta cun monitor titulado pola Federación Galega de Vela e embarcacións neumáticas de apoio para as clases e resto de actividades promovidas polo mesmo.

Entre os logros conseguidos polo clube ao longo do ano anterior foron atraer a novos regatistas que, a día de hoxe, adquiriron as súas propias embarcacións.

O clube mantén o seu empeño en divulgar a paixón por navegar, sen esquecer que está situado nun paraxe de gran beleza e valor tanto natural como paixasístico e unha contorna privilexiada na desembocadura do río Miño.


No hay comentarios: