18 ene 2015

XVIII PALETADA-LACONADA SAN AMARO


Uns 200 conmensales celebraron a XVIII Paletada-Laconada de San Amaro.


PB / Camposancos

Uns 200 conmensales celebraron a maioria de idade da celebración da Paletada-Laconada de San Amaro. Unha comida na que se dan cita comuneiros e veciños do pobo de Camposancos.
A primeira hora da mañá, a treboada camposina ofrecía un pasarrúas para dar comezo a continuación a festa. O lugar elexido para a celebración foi o Colexio dos Xesuítas.
O menú, composto por uns 70-80kg de paleta salada e outros tantos de lacón, 300 manoxos de grelos e 60kg de patacas foron servidos ós aistentes.
Pola tarde, una sesión discoteca, e un karaoke, acompañado dun caldo quente para combatir o frío.
E para rematar a xornada, o serán organizado polo grupo Xamaraina, reuniu a varios grupos de A Guarda e O Rosal.
Un ano máis, a Comuniade de Montes de Camposancos estivo na organización desta festa.

Vídeo:


Fotos:


Fotos: Brais Martínez.

No hay comentarios: