14 ene 2013

XVI PALETADA-LACONADA DE SAN AMARO


O pasado sábado celebrouse a XVI edición da Paletada-Laconada de San Amaro.



PB / Camposancos
O pasado sábado, 13 de xaneiro de 2013, Camposancos acolleu a XVI edición da Paletada-Laconada de San Amaro, orgaizada pola Comunidade de Montes de Camposancos.
Un ano máis, aunque non superando o ano pasado, máis de 200 persoas acudiron a cita no antigo Colexio dos Xesuítas na Pasaxe.
Ás 11h da mañá, a Treboada Camposina  facía o pasarrúas polos principais camiños do pobo para chegar ás 13:30h ó Colexio, e desa forma, comezar a xantar. O Karaoke disco show, unha vez rematado o xantar, puxo a música de baile e o karaoke. Para rematar a xornada, o Serán organizado por Xamaraina, prolongouse ata altas horas xuntándose un total de 13 grupos de Oia, A Gurada e O Rosal.




 
 

ÁLBUM DE FOTOS.

No hay comentarios: