6 ene. 2013

XVI PALETADA-LACONADA DE SAN AMARO




XVI Edición da Paletada-Laconada de San Amaro este sábado.




 
PB / Camposancos
Un ano máis celébrase outra edición da Paletada-Laconada. Correspondente a XVI edición, celebrarase o sábado 12 de xaneiro de 2013 no Colexio dos Xesuítas, na Pasaxe.
Para comezar o día, ás 11h da mañá, a Treboada Camposina fará un pasarrúas por Camposancos ata chegar ós Xesuítas para dar entrada a comer, sobre ás 13:30h. O menú estará composto por Pinchos; Paleta-Lacón; Rosca e Rosaquillas; Cafés e Aguardente. Pola tarde, será o momento da sesión discoteca e karaoke. E, para rematar, apartires das 20:30h, Serán organizado por Xamaraina, que se prolongará ata altas horas.


No hay comentarios: