14 ene 2013

BALAÍDOS C.F. 1 - 5 G.D. MIÑO


Balaídos Club de Fútbol 1 - 5 Gimnástico Deportivo Miño.





PB · MinhoBirras / Vigo
Partido  correspondente  á  15º  xornada  da  Terceira  Autonómica  grupo 18º disputado o domingo 13 de xaneiro no estadio Armando Cajaraville (Samil - Vigo).

Gran partido do Miño ante o Balaídos para comezar o ano. O encontro comezaba dominado polo Balaídos, que pouco a pouco, se foi saindo do partido, ocasións que o equipo miñota non dudou en desaproveitrar. No 20', un centro de Isac e rematado de cabeza por Pepinho, adiantounos no marcador. Un erro do porteiro local dez minutos máis tarde, aumentou a ventaxa anotando Isac o 0-2. No comezo da segunda parte, o Miño non tardou en dominar cada vez máis o encontro. Nun saque de falta rápido, Makano logrou vencer ó porteiro de Balaídos para anotar outro tanto ó marcador. A partir deste punto, as ocasión claras de gol a favor local esbotáronse. Con un 0-3, un penalty a favor miñota sobre Makano foi tirado por Nico enviado ó pau. Nos últimos dez minutos, nunha xogada de velocidade, Isac foi quen de superar a un defensa e dese xeito anotar o cuarto gol miñota. Varios minutos despois, o Balaidos lanzou un balon á portería de Pazos que non o poido evitar. Acurtou a distancia no marcador, pero durou pouco, na seguinto xogada miñota Pepinho anotou o último gol do encontro, deixando o marcador 1-5.

Remata a primeira volta desta Tempada, e remata co Gimnástico Deportivo Miño na segunda posición da táboa a catro puntos do primeiro. As estadísticas desta volta son 9 partidos gañados, 2 empatados e 3 derrotados. Respecto á goles, encaixou 24 tantos e, xunto co Oiense, son os equipos menos goledos, con 16 goles en contra.

O vindeiro domingo desprázase a Oia, para enfrontarase ó Oiense, primeir clasificado, onde poda que sexa un partido dos decisivos, recortando a distancia a un punto.

Clasificación:
1º - Oiense C.F. 33pts.
2º - G.D. Miño 29pts.
3º - Descanso Sampaio 28pts.




No hay comentarios: