30 ene 2013

G.D. MIÑO 5 - 3 C.D. GUILLAREY


Gimnástico Deportivo Miño 5 - 3 Club Deportivo Guillarey.





PB · MinhoBirras / A Guarda
Partido  correspondente  á  17º  xornada  da  Terceira  Autonómica  grupo 18º disputado o domingo 27 de xaneiro no Estadio Municipal da Sangriña.


Despois da derrota (2-1) sufrida ante o líder, o Oiense , na xornada anterior,  o Miño consegue unha nova victoria contra o Guillarey nun partido "loco".
O partido comezaba co marcador a favor do Guillarey, 0-1, tras marcar no primeiro minuto do encontro nun fallo dun pase local. O empate (1-1) chegaba no 9', cando o porteiro perdeu o balón nun lanzamento de Isaac. Tres miutos máis tarde, un tiro de Nico adiantaba ó equipo local. Pouco durou que dus minutos máis tarde, no 14, o Guillarey volvería a empatar o partido nun córner. No 19', o Miño volveuse adiantar no marcador (3-2) tras un disparo de Macano.
Na segunda parte chegou outro empate co 3-3, nun gol en propia porta miñota nun desafortunado rebote no despexe. Co empate no marcaror, deixáronse ver as ocasións para ambos nun minutos no que os dous equipos dominaban o xogo. Sería no minuto 64, cando Gonzalo anotaba 0 4-3. Non sería ata o último minuto cando se acabou por decidir co tanto de Macano logrando o resultado final 5-3.

Clasificación:
1º - Oiense C.F. 37pts.
2º - Descanso Sampaio 34pts.
3º - C.D- Vincios 32pts.
4º - G.D. Miño 32pts.





No hay comentarios: