20 jul 2012

XX OPEN CLUB DE TENIS CODESAL

Hoxe comeza o XX Open Club de Tenis Codesal con máis de 80 xogadores.









C.T. Codesal / Camposancos
Este aberto de tenis comenzou a celebrarse no C.T.Codesal en setembro do ano 1993, polo que este ano celébrase a edición número XX. Neste período, o xogador que máis veces conseguiu gañar o torneo foi Miguel Casal Arantes (12 veces campeón galego, 6 veces campeón do Open C.T. Codesal e 3 veces subcampeón).

Nesta edición hai unha participación altísima: 61 xogadores na categoría senior e 26 en veteranos junior. Ademáis, participan xogadores de moi alto nivel como, por exemplo, o número 1 de Cantabria, os 6 mellores xogadores galegos, 13 entre os 20 primeiros de Galicia... Se nos fixamos no ránking nacional dos participantes, encontramos 5 xogadores entre os 100 primeiros de España e 11 no top 200.

Animamos ó afecionados ó tenis que se acerquen polo Clube a disfrutar, en vivo, de bos partidos de tenis; sobre todo a partir do xoves 26 que é cando da comenzo a fase final do torneo.

Entra na WEB do torneo para saber os horarios, resultados...: WEB DO TORNEO

No hay comentarios: