31 jul 2012

XX OPEN CLUB DE TENIS CODESAL

Miguel Casal gaña en Senior e Juan Outeiriño en Veteráns no XX Open Codesal.

PB - C.T. Codesal / Camposancos



O pasado domingo tiña lugar no Codesal as finais do XX Open Club de Tenis Codesal:
En Veteráns Junior (+35), Juan Outeiriño venceu a Fernando Pablos por 6-1 / 6-0.
En Senior, Miguel Casal derrotou a Cristian González con un 6-2 / 2-6 / 6-4. Con esta victoria, Miguel volve a proclamarse campeón do Open, sendo esta a 7º vez. A parte de ser 12 veces campeón galego e 3 veces subcampeón do Open Codesal.

Durante nove días, o Codesal acolleu intensos e bos partidos de tenis, ós cales un gran número de afecionados ó tenis desfrutaron deles.

Miguel Casal, á esquerda, campeón en Senior. (Imaxe: semifinal)
Cristian González, á dereita, subcampeón en Senior. (Imaxe: semifinal)

Juan Outeiriño, á dereita, gañador en categoría Veteráns Junior. (Imaxe: semifinal)
Fernando Pablos, á dereita, subcampeón en categoría Veteráns Junior. (Imaxe: semifinal)
Imaxes de diferentes días:
Mércores 25:

Xoves 26:
 
Sábado 28 (semifinais):

Este aberto de tenis comenzou a celebrarse no C.T. Codesal en setembro do ano 1993, polo que este ano celébrouse a edición número XX. Neste período, o xogador que máis veces conseguiu gañar o torneo foi Miguel Casal Arantes (12 veces campeón galego, 7 veces campeón (con este ano) do Open C.T. Codesal e 3 veces subcampeón).

Nesta edición houbo unha participación altísima: 61 xogadores na categoría senior e 26 en veteranos junior. Ademáis, participaron xogadores de moi alto nivel como, por exemplo, o número 1 de Cantabria, os 6 mellores xogadores galegos, 13 entre os 20 primeiros de Galicia... Se nos fixamos no ránking nacional dos participantes, encontramos 5 xogadores entre os 100 primeiros de España e 11 no top 200.

No hay comentarios: