19 jul 2012

PROXECTO PÍLLARA 2012

Nacen 8 polos de Píllara dentro do "Proxecto Píllara" de ANABAM.


ANABAM - PB / Camposancos
Por primeira vez, dende que ANABAM ten rexistros de presenza de píllara papuda na praia de Camposancos, nacen oito polos nunha mesma tempada. Corresponden ós tres niños existentes neste areal, que foran protexidos por ANABAM, garantizando así que todos eles, ou sexa, o 100 % dos mesmos, saísen adiante, un acontecemento que nunca se producira ata o de agora.

Esta asocición sinala que, a pesar deste éxito, o difícil está en conseguir a supervivencia da maior parte dos polos, pois estes, sobre todo na súa primeira semana de vida, sufrirán con moita probabilidade algunhas baixas. Así, dos oito polos que naceron, a estas alturas xa contan con unha baixa, polo que neste momento hai sete crías. Tamén, se todo vai como ata o de agora, antes de que remate este mes de xullo, porase ver voar os tres primeiros exemplares deste ano, un acontecemento que ANABAM agarda con moita ilusión.

Imaxes de diferentes días:


Relacionado:
5 anos despois, a Píllara Papuda aniña en Camposancos.

No hay comentarios: