18 jul 2012

BANDEIRA AZUL NO MUÍÑO

A praia de O Muíño xa conta con bandeira azul.






Concello da Guarda
O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, izaron o pasado martes 17 de xullo o distintivo Bandeira Azul nas praias de Area Grande e O Muíño.
As praias xa contaban cos servizos esixidos por Bandeira Azul como os paneis informativos, os analises de augas, o servizo de limpeza e de recollida de residuos, as duchas e os aseos. Tan só faltaba que comezara o servizo de salvamento e socorrismo que atende ós dous areais.
Dende a concesión da Bandeira Azul á praia de Area Grande no 2009 e un ano despois para O Muíño o concello continúa a traballar na mellora dos servizos esixidos polo distintivo e deste xeito ofrecer ós veciños e visitante unhas praias e servizos de calidade.

No hay comentarios: