25 abr 2012

SUCESO

Unha vela vermella á deriva no Río Miño alerta ó 112.

PB / Camposancos
Pasadas ás 19:00h deste mércores, 25 de abril, varios veciños puideron observar unha vela vermella de kitesurf  á deriva entre o Codesal e a Armona. A chamada de alerta deuse dende o Codesal, pero dende a praza de San Amaro veciños, que nese intre ollaban cara ó río, viron a vela.
Inmediatamente, o 112 mobilizaba o helicóptero Pesca 1, o GRUMIR de A Guarda e a Garda Civil e daba comezo o operativo de busca. Case unha hora despois ó non obter resultados, sen localizar a vela nin encontrar ningunha persoa, decidiron rematar co operativo.



No hay comentarios: