26 abr 2012

OBRAS

No concello de A Guarda acometeránse en breve as obras de pavimentación do camiño da Portela en Salcidos e a segunda fase do camiño da Galapa en Camposancos.


Con cargo ó Plan Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural correspondente o ano 2010, o Concello de A Guarda levará a cabo estas dúas obras no rural que suporán un investimento de 46.367,55 € subvencionadas na súa totalidade polo antigo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino e a Consellería de Medio Rural.
Estas actuacións enmárcanse dentro das xa levadas a cabo en anos anteriores como son: Camiño do Outeiro, primeira fase saneamento en Pintán, ancheamento do camiño de Laxes en Buxán e primeira fase camiño da Galapa en Camposancos.
No que respecta o camiño da Portela as obras con cargo o PEIM-RURAL consistirán na pavimentación do tramo alto da rúa que se atopa completamente deteriorado. Asimesmo o Concello procederá previamente á reposición do abastecemento de auga con  unha nova tubería que sustituirá a existente de fibrocemento.

A segunda fase do camiño da Galapa contempla o retranqueo dos muros existentes e o acondicionamento do firme.

O concelleiro de Vías e Obras,
Miguel A. Español.

No hay comentarios: