4 ene 2012

Andaina ornitolóxica no Esteiro do Miño.

ANABAM / Esteiro do Miño

As andainas ornitolóxicas polo Esteiro do Miño, son actividades incluídas na campaña de promoción e divulgación das rutas ornitolóxicas ideadas por ANABAM co fin de que os afeccionados á ornitoloxía, e público en xeral, coñezan os principais puntos de observación de aves existentes na desembocadura do Miño, así como as rutas máis axeitadas e cómodas para levar a cabo a mesma, á vez que pretendemos impulsar o hábito da observación neste recuncho do suroeste galego e noroeste portugués, entre aquelas persoas que aún non se decidiron por ter esta actividade como unha alternativa para o seu tempo libre.
Tal e como figura no cartel, a andaina terá lugar o vindeiro 8 de xaneiro. Esta actividade é gratuíta pero é necesario anotarse previamente xa que o número de persoas é limitado. Na observación de aves convén que os grupos non sexan moi numerosos.
Ademais desta andaina, organizaremos dúas máis para percorrer, así, as tres rutas ornitolóxicas. Está previsto que a finais de xaneiro se leva a cabo a ruta da praia e en febreiro a ruta da marxinal. Se queredes ter máis información de como son estas rutas, podedes premer en RUTAS .

-DATA: Domingo, 8 de xaneiro.
-HORA: 10.30 horas (galega).
-PARA INSCRIBIRSE OU SOLICITAR INFORMACIÓN: anabam.anabam@terra.es
-LUGAR DE ENCONTRO E PARTIDA: Estación Ornitolóxica (a 100 metros do peirao do ferri Camposancos-Caminha).
-DURACIÓN: Aproximadamente ata as 13.00 horas.
-MATERIAL QUE DISPÓN ANABAM: Prismáticos e telescopios (No obstante os que poidan traer material óptico moito mellor).
-MATERIAL QUE ENTREGARÁ ANABAM GRATUITAMENTE: Caderno de campo e "Guía para andar polo Esteiro do Miño".
-DIFICULTADE DO PERCORRIDO: Ningunha.
-MATERIAL ACONSELLABLE: Cámara fotográfica e guía de aves (Non son imprescindibles).

No hay comentarios: