4 ene. 2012

II Concerto "Ecos do Nadal".

O II Encotro de Corais encheu o Auditorio rosaleiro.
PB / O Rosal

O pasado venres o Auditorio Municipal do Rosal acolleu o II Encontro de Corais titulado “Ecos do Nadal”. Este evento, organizado polo Coro Ecos do Folón de Fornelos, contou, ademais de sí mesmo, coa participación da Coral da Agrupación Musical do Rosal e a Coral Polifónica San Pedro de Domaio (Moaña).
A primeira coral en actuar foi a Coral da Agrupación Musical do Rosal, que interpretou Duerme el Niño Jesús; Durme ben; A la huella, a la huella; Villacico de las Campanadas; e, para rematar Es Navidad. En segundo lugar a Coral Polifónica San Pedro de Domaio interpretou Extiente la red, Frol do romeu, Durmía o ruliño, En medio del silencio e Ya viene la vieja. En última lugar, como peche do concerto, actuou o Coro Ecos do Folón de Fornelos, con Nana al Niño Jesús, O neno Deus, Señora Doña María, Canto ó Rosal e Dónde estarán nuestros mozos.

Coral da Agrupación Musical do Rosal:
Coral Polifónica San Pedro de Domaio:
Coro Ecos do Folón de Fornelos:


Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Coral Polifónica San Pedro de Domaio (Moaña).
Coro Ecos do Folón de Fornelos.

No hay comentarios: