18 dic 2011

Novas rutas ornitolóxicas.

ANABAM crea tres novas rutas no Esteiro do Miño.

As rutas ornitolóxicas creadas por ANABAM, pretenden dar a coñecer ó afeccionado á natureza e público en xeral, os principais puntos de observación e o percorrido máis axeitado para a observación de aves acuáticas na desembocadura do Miño.·RUTA DA MARISMA
-Lonxitude: 2.200 metros (ida).
-Dificultade: Ningunha.
-Tempo: 40 minutos (ida).
·RUTA DA PRAIA
-Lonxitude: 3.500 metros (ida).
-Dificultade: Ningunha.
-Tempo: 60 minutos (ida).
·RUTA MARXINAL
-Lonxitude: 5.000 metros (ida).
-Dificultade: Ningunha.
-Tempo: 90 minutos (ida).

RUTA DA MARISMA (laranxa).
1.- Estación ornitolóxica. 2.- Punto de Observación. 3.- Observatorio ornitolóxico. 4.- Observatorio ornitolóxico. 5.- Xuncos. Charcas artificiais orixinadas pola extración de arcilla. 6.- Canaveiral formado por carrizo ( australis). 7.- Bosque de ribeira: amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix sp). 8.- Illa Canosa. 9.- Río Miño. 10.- Bancos de area.
A.- Antigos fornos cerámicos.

 RUTA MARXINAL(verde)  RUTA DA PRAIA(azul).
1.- Estación ornitolóxica. 2.- Punto de observación. Fronte Estación ornitolóxica. 10.- Bancos de area en marea baixa. Pousadeiro de aves. 11.- Punto de observación. Entre Asteleiro e Clube de tenis. 12.- Punto de observación. Ao lado do campo de fútbol. 13.- Punto de observación. Xardíns Armona. 14.- Punto observación. Praia do Puntal. 15.- Monte Trega. Aconsellable para ver o Esteiro. 16.- Punto de observación. Ponte marisma Coura. Perigo polo tránsito de coches. 17.- Punto de observación. Marxinal do río Coura. 18.- Punto de observación. Peirao do ferri. 19.- Punto observación, a poucos metros do ferri. 20.- Punto de observación. En toda a marxinal. 21.- Punto de observación. Senda que bordea o piñeiral. 22.- Punto de observación. Entre a praia de Camarido ea de Moledo. 23.- Punto de observación. Praia de Moledo.

B.- Canle de Navegación do ferri. C.- Antigo Colexio dos Xesuítas. Campo de concentración. D.- Praia do Caldeiro. E.- Praia do Caldeiro. F.- Praia da Armona. G.- Praia da Lamiña. H.- Praia do Forte. I.- Restos de antigas pesqueiras. Praia do Muiño. J.- Estructura dun dos vellos muíños de vento. K.- Río Coura. Último afluente do Miño na zona portuguesa. Sapal (marisma) do Coura. L.- Núcleo urbano de Caminha. M.- Insua. Illa portuguesa. Dormideiro de Corvos mariños. N.- Piñeiral. Mata Nacional de Camarido. Ñ.- Pesca de Meixón (angula) e lamprea. f

Material aconsellable:
-Guía de Aves.
-Prismáticos (Reconméndase 10x50).
-Cámra.
Lembra:
A observación de aves require silencio. As aves precisan estar tranquilas para se alimentar e descansar logo dos seus grandes desprazamentos, dende o norte e centro de Europa.
Máis nformacion contactando con ANABAM (aqui).


No hay comentarios: