29 jun 2018

SUCESOS

Momento do rescate / B.M.
 
 
O GES de A Guarda rescata a unha persoa maior nas rochas do mar.




Un home sufriu unha caída nunha zona rochosa e de difícil acceso nas proximidades da Praia do Muíño, na Guarda.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada dun particular ás 12:00 horas de hoxe. Indicaba que había un señor tirado nas rochas na zona do Puntal con dificultades para moverse. Así, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño e o GES da Guarda, que accederon ao señor e puideron rescatalo antes da subida da marea.
Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias enviaron unha dotación ao punto para atención e evacuación do ferido, que aínda que estaba consicente apenas podía moverse.
Tamén, unha dotación da Policía Local de A Guarda acudiu ó lugar.
 
Momento do rescate / Brais Martínez
 

No hay comentarios: