3 feb 2017

TEMPORAL

Árbore na calzada / BraisMartinez.es


Numerosas incidencias no primeiro temporal deste ano.




Chegou o mes de febreiro, e acompañadoo o primeiro gran temporal de choiva, vento e ondas deste ano 2017. Arestora, ás 12h do venres 3 de febreiro, continuan activas as alertas vermellas por mar de fondo e en terra a alerta laranxa por choiva e vento e refachos que poden superar os 110km/h.

Incidencias

Numerosas foron as incidencias trala caida de árbores. En terra, na PO-352 a altura do Muíño permanecía obstaculizada por unha árbore que ocupaba media calzada, e a carretera da Bouza da Fonte estivo cortada varias horas por outra árbore. Tamen a caida de señais de tráfico, contedores e vallas publicitarias. Estas incidencias foron atendidas polo GES de A Guarda para restablecer a normalidade.
No mar, ondas de 8 metros destrozaban varios tramos da senda litoral que une O Puntal co Porto de A Guarda, e na praia do Muíño desprazaba tamén a pasarela de madeira.

 

A Guarda

En A Guarda, mesmas incidencas de árbores, señais e contedores, pero a peor parte levouna o Porto de A Guarda a causa do mar, que chegaba ó paseo peonil e tirou varios metros do espigón da Atalaia.

Imaxes: Brais Martínez.es
 VÍDEO:



No hay comentarios: