12 feb 2017

LURNA NOS MESTRE MATEO 2017


A Academia Galega do Audiovisual nomea a curta de Nani Matos finalista nos premios Mestre Mateo 2017.




Lurna será unha das catro curtas galegas finalistas a acadar o premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe. Así o fixo saber a Academia Galega do Audiovisual o pasado martes 7 de febreiro na Fundación SGAE de Santiado. As curtas con que Nani Matos competirá nesta categoría son  As Vacas de Wisconsin (El Dedo en el Ojo), Einstein-Rosen (Miss Movies) e Quinta Provincia (Audiobeesual). O vindeiro 4 de marzo darase a coñecer o galardon na XV Gala dos Premios Mestre Mateo 2017 no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña.

Numerosos recoñecementos.

Dende o seu estreo, no pasado mes de xaneiro de 2016, vén de acadar numerosas selecións no Festival Internacional de Cine Social Castilla-La Mancha "FECISO"; XII Festival Internacional de Cine  de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia); Farm Film Festival 2016 (Sicilia -Italia), ou Beeston Film Festival (Inglaterra) entre outros tantos, e prestixiosos premios nos festivais de Sarmat International Independent Film Festival (Rusia), XII Festival Internacional de Cine  de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia-2016), Festival de Cans (Porriño-2016) e outros tantos tanto na xeografía galega como nacional e mundial, nos que á maior parte destacan a Diaryatou Daff como mellor actriz.

Repite nominación.

Tres anos despois, o veciño camposino Nani Matos volve a estar nominado dentro da categoría de curtametraxes. Nos Premios Mestre Mateo 2014 a curta Flores para Amalia foi nominada á mellor curtametraxe.

LURNA, 2016


Director: Nani Matos

Elenco: Diaryatou Daff, Humy Donado, Xavier Deive, Luis Iglesia, Santi Prego.

Producción: Ana Diz; Música: Manu Conde; Fotografía: Jaime Pérez; Edición: Jorge Saavedra.

Sinopse: Lurna é unha xove africana que soña cunha vida mellor. Un día emprenderá unha viaxe coa ilusión e esperanza de econtrar un soño. O que Lurna non sabe, é que prondo desexará regresar.

Lurna, unha nova curta do veciño camposino Nani Matos tralo éxito con Flores para Amalia (2013) ou Dies Dei (2009).


Making: Of:

Tráiler:

No hay comentarios: