7 ago 2016

PICUDO VERMELLO


O escaravello Picudo Vermello tamén está presente en Camposancos.




O Picudo Vermello (Rhynchophorus ferrugineus) segue a sua andaina polos concellos do Baixo Miño. É unha especie de coleóptero curculionoideo bicudo de gran tamaño, entre dous e cinco centímetros. De cor avermellada ferruxinosa, son hospedantes nas prantas fundamentalmente da familia das palmeiras.
Os primeiros exemplares na Península Ibérica acháronse no 1995 en Granada. 
En Camposancos, en outubro de 2015, ANABAM xa tiña constancia del. As prantas, cando se ven afectadas, sofren amarelamento e murchamento, podendo chegar a producila morte do pé afectado. O control desta praga é complicado e polo de agora a falla de métodos seguros prodúcese á eliminación dos pés afectados e os que se sospeitan puideira estalo para evitar a propagación do insecto.

Rhynchophorus ferrugineus / © google

No hay comentarios: