8 ago. 2016

CAMPOSANCOS DE CINE




"15 Pesetas por Frete", "Lurna" e "Jeanette" estréanse en Camposancos.






A Comunidade de Montes de Camposancos, a asociación Os Amigos e a Entidade Local Menor de Camposancos únese para crear e potenciar os actos culturales. Mostra delo será o vindeiro mes de setembro, organizando un ciclo de cinema feito por directores, actores e veciños do pobo camposino e da comarca relacionados co mundo audivisual.
A primeira proxeción será o sábado 3 (21:30h) de setembro ó aire libre na Praza de San Amaro, coa nova curta de Nani Matos Lurna, curta que será estreada na comarca baixo miñota.
A segunda cita, o 10 de setembro (21:00h), será no local da asociación Os Amigos, onde se estreará mundiamlente o documental 15 pesetas por Frete, de Estefanía Alonso.
E, para rematar, o día 17 (21:00h), será o turno para a estrea da curta Jaenette, de proxecto Socheo, no local da Comunidade de Montes.



LURNA, 2016


Director: Nani Matos

Elenco: Diaryatou Daff, Humy Donado, Xavier Deive, Luis Iglesia, Santi Prego.

Producción: Ana Diz; Música: Manu Conde; Fotografía: Jaime Pérez; Edición: Jorge Saavedra.

Sinopse: Lurna é unha xove africana que soña cunha vida mellor. Un día emprenderá unha viaxe coa ilusión e esperanza de econtrar un soño. O que Lurna non sabe, é que prondo desexará regresar.

Lurna, unha nova curta do veciño camposino Nani Matos tralo éxito con Flores para Amalia (2013) ou Dies Dei (2009).

Premios: Mención especial no XII Festival Internacional de Cine  de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia-2016);Premio do Xurado dos Veciños (Cans 2016); Premio do Xurado á Mellor Actriz (Cans 2016); Premio do Xurado á Mellor Banda Sonora (Cans 2016).

Seleccions: Festival Internacional de Cine Social Castilla-La Mancha "FECISO"; XII Festival Internacional de Cine  de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia); Farm Film Festival 2016 (Sicilia -Italia); Certamen Internacional de Cortometrajes El Pecado (Llerena-Badajoz); Semana Internacional de Cine de Autor (Lugo-Galicia); El Rodeo Film Festival (Rojales-Alicante); Festival Internacional Ibizacinefest (Ibiza-Illas Baleares); Fic Bueu (Bueu-Galicia); Visioni Corte Fil Festival (Italia); Festival Primavera do Cine (Vigo-Galicia); Resistencia Film Fest (Chile); XIII Festival de Cans (O Porriño-Galicia); FICT Festival Internacional de Cortometrajes (Torrelavega-Cantabria).

Making: Of:

Tráiler:



15 PESETAS POR FRETE, 2016


Directora: Estefanía Alonso.

Produción: Lara Campañó; Montador: Fernando Lozano; Imaxe: Brais Martínez, Jennifer Vilariño, Lorena Poza, Blanca Cebrián; Vestiario: Blanca Lamas; Caracterización: Blanca Lamas, Esther Conde; Son: Ángel Iglesias, Santiago Fernández, Francisco Filgueira; Música: Andrés Álvarez.

Sinopse: 15 Pesetas por Frete mostra cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Río Miño, na zona de Camposancos.

15 Pesetas por Frete é o proxecto de final de curso de 12 alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo.
Este documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida.

Tráiler:




JAENETTE, 2016


Director: Xurxo Chirro.

Elenco: Jeanette Conde, Ángeles Rodríguez, Antía Álvarez, Mateo Álvarez, Carmen Rodríguez, Álvaro Cara, Pablo Cividanes.

Producción: Gustavo González; Imaxe: Jorge Carrasco; Son: Beli Martínez.

Sinopse: Jeanette é unha adolescente que intenta facer frente a varios problemas. O seu rostro mostra os avateres que lle suceden nese momento crucial da sua vida.

Un filme dirixido por Xurxo Chirro e realizado en colaboración cos alumnos do IES A Sangriña da Guarda, na que a atriz principal, Jeanette, é veciña do pobo.

Premios: Premio no VI Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín (Arxentina 2016).

Seleccións: VII Mostra de Cinéma Periférico de A Coruña; Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín (Arxentina).

Tráiler:






No hay comentarios: