23 feb. 2016

COMUNIDADE DE MONTES

A Comunidade de Montes de Camposancos decidiu, o pasado 22 de febreiro por unanimidade, a contratación de catro obreiros por regulación agraria por ser a menos onerosa e en réxime de contrato de obra por un período estimado de tres meses. Na selección darase preferencia aos parados, comuneiros, familia e discapacidade, se esta non é un impedimento para o desenvolvemento das actividades requiridas.
O límite para achegar as solicitudes será o martes 2 de marzo 2016.

No hay comentarios: