17 feb 2016

BARFERENCIAS DE INVERNO

Fani na rodaxe // Cedida


O vindeiro venres, 26 de febreiro, remata o ciclo de Barferencias de Inverno con “15 pesetas por frete”.







O vindeiro venres, 26 de febreiro, o ciclo de Barferencias de Inverno organizado polo Concello da Guarda coa colaboración de ANABAM porá o seu broche final.
Para rematar, será cunha charla no Bar Aquilino, na Pasaxe, da man de Fani Alonso Tamayo, que falará sobre o documental do contrabando que se está a filmar en Camposancos “15 pesetas por frete”.
Este documental nace baixo a dirección de Fani Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida. De ahí o título do documental, “15 Pesetas por Frete”, cantidade que lle pagaban ao seu avó.
A cita dará comezo ás 20:30h.






No hay comentarios: