2 sept 2015

VIII TORNEO DE VOLEI PRAIA



Este finde semana disputouse o VIII Torneo de Volei Praia.



Esta fin de semana celebrouse na praia da Lamiña  o VIII Torneo de Volei Praia, organizado polo Concello da Guarda.

A inscrición para este campionato, no que participaron dezaseis parellas, foi gratuíta, pero a organización invitaba a doar algún paquete de comida ó Banco de Alimentos municipal. En total recolléronse 35 quilogramos de comida entre as que se distinguía, por exemplo, paquetes de arroz ou pasta, galletas, botes de cacao, latas de conservas ou botellas de aceite.

Todos estes paquetes xa se encontran no Banco de Alimentos e dende a Concellería de Servizos Sociais comezarán co seu reparto entre as familias que máis o precisan.

Éxito do Torneo

As dezaseis parellas participantes no VIII Torneo de Volei Praia organizado polo Concello da Guarda mostráronse moi satisfeitas polo resultado.

Finalmente, resultaron gañadores deste campionato a parella formada por Lexo e Gabri e subcampións Koke e Diego. De terceiros quedaron Piño e Rafa, e cuartos Yago e Víctor.



Texto: C.A.G.
Imaxes: Brais Martinez.es

No hay comentarios: