4 sept 2015

AVESPA ASIÁTICA EN CAMPOSANCOS

Un operario esta mañá / BM



Retiran un niño de Avespa Asiática (Vespa Velutina) en Camposancos.









Esta mañá operarios de TRAGSA retiraron un niño da Avespa Asiática en Camposancos. Mentres, o outro niño localizado a varios metros deste, terá que espera uns días mais, os operarios están totalmente saturados con unha inmensa lista.

A vespa velutina nigrithorax, máis coñecida como a Avespa Asiática ou Avespa Asasina, este último cualificativo máis usado pero descualifiacdo por parte de asociacións ecoloxistas e expertos.
Chegou a Europa hai unha década dende o sueste asiatico, pensando en que o punto de entrada foi no Porto de Burdeos, en Francia. As primeiras colonias na Península Ibérica foron achados no ano 2010 no País Vasco, coninuando pola cornisa cantábica ata chegar a Galicia.
Esta avespa, é unha depredadora das abellas e da froita.
A avespa asiáica distinguese ben das avespas comúns polo seu gran tamaño, podendo chegar a medir uns tres centímetros e medio, e teñen o torax e a parte superior da cabeza de cor negra. O abdome tamén é oscuro, e ten na parte final unha gran banda de cor amarela tirando a laranxada. Outro dos trazos más característicos son as patas, metade negras e metade amarelas.
O seu ciclo vital comeza entre febreiro e marzo, onde as raíañas fan niños primarons onde crean as primeiras obreiras, deste xeito, e antes do verán cambian de lugar e comezan a edificar un novo niño que pode medrar uns 6cm cada semana ata chegar a máis dun metro de diametro.

A Xunta de Galicia creou un protocolo de actuación, que comeza polo aviso de particulares que descubren os niños. O telefono é o 012, protocolo que é xestionado pola empresa pública TRAGSA.
Unha vez chegan os operarios, estes aplican un veneno ó niño. Pasados uns minutos proceden á retidada deste. Os traballadors confirmaron que tratan de retirar principalmente a reina. As avespas restantes, as obreiras, que nese momento non se atopan alí, "poderán convertirse en reinas e crear outro niño, pero que éstas non supoñen ningún perigo porque non poñen ovos.

VÍDEO

FOTOGRAFÍAS



Texto/Imaxes: Brais Martínez.es

No hay comentarios: