12 may 2015

HISTORIA DE CAMPOSANCOS

Foto: AGuarda.es


A historia de Camposancos atrae a decenas de persoas á barrioferencia.



 Concello de A Guarda

 O encargado de abrir a conferencia, que celebrouse na Sociedade “Los Amigos de Camposancos”, foi Antonio Lomba, o Concelleiro de Cultura. Lomba recordou ós presentes -máis de corenta persoas- o porqué destas charlas, recalcando que teñen por obxectivo mostrar os veciños e veciñas da Guarda, as historias e os lugares máis descoñecidos da localidade.

O seguinte en tomar a palabra foi Antonio Rodríguez Portela, veciño de Camposancos,  o que tras ler o libro “Crónicas de Camposancos” escrito polo sacerdote García Lago, naceulle a curiosidade pola historia destas terras.
Comezou explicando ós presentes, ademais da situación xeográfica da parroquia, o porqué do seu nome. Rodríguez contou que chámase Camposancos, pola cantidade de campos agrícolas e pola palabra “Ancos” que significa cóbado, e é a forma á que se parece a parroquia.

Rodríguez comezou a relatar a historia dende o ano 1145, ano no que as terras de Camposancos formaban parte da Comunidade Relixiosa de Barrantes. Nestas datas as terras eran arrendadas e usadas polos veciños como foros, de ai que nacese o que se coñece polo couto de Camposancos. As terras, afirmou, pasaron despois a ser propiedade do cabildo de Tui, momento no que as terras convertéronse en zonas de aluguer, aínda que os veciños continuaron empregando comunmente algúns espazos.

Os veciños e veciñas de Camposancos, afirmou, loitaron, durante toda a historia polo recoñecemento das súas terras. Primeiro con Barrantes, despois con Tui, tamén coa parroquia de Salcidos e por último co Concello da Guarda, ata conseguir no ano 1925, o título de “Entidade Local Menor”.

Pola súa banda, Manuel Ángel Álvarez Pérez, tamén veciño de Camposancos e licenciado en arte, centrou a súa exposición na Igrexa da parroquia, de estilo neoclásico. Esta edificación, contou, comezou a construírse no ano 1816, e non foi ata o 1856, cando remataron os traballos. Álvarez quixo facer fincapé na cantidade de cruceiros dispersos pola parroquia, centrando a súa charla no cruceiro do Couto Saa, no do Viso e no de Salgueiró. Como remate, Álvarez, falou da cantidade de tradicións, lendas e supersticións que existen ó redor dos cruceiros.


Foto: A Guarda.es

No hay comentarios: