8 may 2015

HISTORIA DE CAMPOSANCOS


3º Barrioferencia este sábado sobre a historia de Camposancos.






 Concello de A Guarda / Camposancos

Antonio Rodríguez Portela e Manuel Ángel Álvarez Pérez, veciños inquedos pola historia de Camposancos, serán os encargados de ofrecerlles ós presentes unha viaxe polo peculiar pasado desta parroquia do concello da Guarda, que posúe o título de “Entidade Local Menor”.

Os participantes explicarán, por tanto, por que Camposancos é unha das poucas entidades locais que existen en Galicia ou por que diferénciase o lugar do Couto nesta parroquia. Ademais ofrecerán unha visión completa do patrimonio relixioso, falando da Igrexa, das capelas e os diferentes cruceiros.

As portas da Sociedade están abertas de forma gratuíta para todos aqueles veciños e veciñas interesados en coñecer un pouco máis da parroquia de Camposancos.

No hay comentarios: