11 ene 2015

SUCESOS

Arquivo // Unha intervención recente do GES.

Un incendio calcina unha caldeira nunha vivenda en Camposancos.






PB / Camposancos

Ás 19:58h da tarde do domingo, 11 de xaneiro, o CAE 112 recibía o aviso dun viandante sobre un incendio que se estaba producindo nese intre no garaxe da vivenda. Os donos, alleos ó sucedido e que tamén foron avisados pola persoa que pasaba por diante da vivenda, procederon a retirar o vehículo que se enontraba no interior. O lume afectou a gran parte do garaxe, como a caldeira e o portal.

O 112 moblizou inmediantemente tras recibir a alerta, ó Grupo de Emerxencia Supramunicipal con base en A Guarda e unha patrulla da Garda Civil.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Buena informacion eso si es estar al loro