2 jul 2014

OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN FOLC



O local da asociación Os Amigos acollerá o 11 de xullo un Obradoiro de Composición Folc.




PB / Camposancos

O vindeiro venres, 11 de xullo, o local da asociación Os Amigos de Camposancos acollerá a primeira edición do Obradoiro de Composición Folc, dirixido polo músico e compositor Ernesto Campos.
O obradoiro desenvolverase de mañá, de 10.00 a 14.00, e de tarde, de 16.00 a 20.00.
Con prazas limitadas, pódese inscribir como alumno activo ou como oínte, coa opción de escoller xantar.

Este proxecto pretende ter continuidade, pero como experiencia piloto deciciuse facelo só dun día nesta vez. En función do interese acadado pretenden que nas vindeiras edicións poida ser de
varios días, mesmo ofrecendo un concerto final coas pezas compostas no transcurso do obradoiro.

Ernesto tamén ofrece a posibilidade aos alumnos de integrarse nun grupo de Facebook onde os alumnos podan seguir en contacto permanentemente e poder amosar e compartir as súas composicións, mais aló da duración do obradoiro.

O curso, organizado polo grupo Os Pelouros, de A Guarda, conta coa colaboración da asociación Os Amigos.

Información, prezos e ficha de inscripción: ver pdf.


Cartel do I Obradoiro de Composición

No hay comentarios: