4 jul 2014

BANDEIRA AZUL NA PRAIA DO MÍÑO

A bandeira azul no Muíño. Brais Martínez.



Por quinto ano consecutivo, a  Bandeira Azul volve a ondear no ceo da praia camposina de O Muíño.




PB / Camposancos

Esta tarde, o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez izaron a Bandeira Azul na praia do Muíño.

A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos para recoñecer á calidade medio ambiental e ós servizos que ofertan, cumprindo unha serie de condicións esixidas pola Fundación.

Momentos previos ó izado. Brais Martínez.
Este é o 5º ano da bandeira no areal camposino. Brais Martínez.

No hay comentarios: