1 jun 2014

PROXECTO PÍLLARA 2014

Dous polos de píllara. ANABAM


Nacen seis polos de Píllara Papuda na praia de Camposancos.




ANABAM.org / Camposancos


Logo de case un mes de protección dos dous niños de píllara papuda na praia de Camposancos, os resultados foron excelentes xa que naceron seis polos, tres dun niño e outros tres doutro niño, co que o éxito foi, una ano máis, do 100 % dos niños protexidos.

Un dos polos recén nacido. ANABAM
Na foto pode verse o último dos polos nacidos e o ovo recén eclosionado. A partir deste momento se inicia o período máis difícil, onde os polos se enfrentarán a unha serie de obstáculos que terán que ir vencendo para conseguir sobrevivir. O obstáculo máis complicado será superar aos potenciais depredadores. No que respecta á actividade humana e aos seus efectos colaterais (enténdanse cans, por exemplo) non é excesivamente conflictivo nestes momentos xa que o uso da praia, polas datas nas que estamos, permite unha relativa tranquilidade.


Toda a información sobre o proxento: PÍLLARA 2014




No hay comentarios: