12 jun 2014

I TRAIL CAMIÑOS DO TREGA



Un pequeno circuito polos camiños de Camposancos formará parte da ruta do I Trail Camiños do Trega.




Concello de A Guarda

O pasado mércores, tivo lugar no salón de Plenos do Concello da Guarda a presentación do I TRAIL CAMIÑOS DO TREGA.  Actividade que se levará a cabo o domingo 29 de xuño con saída ás 10.00 h da explanada da Sangriña.

Consiste nunha carreira a pé cunha distancia de 15 km que transcorrerá polo Monte Santa Trega e os seus aredores, cun desnivel aproximado de 700m. É un “mini trail”, pero que no que se percorrerá os sitios máis emblématicos do Monte e coas mellores vistas.

O alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, non puido estar presente xa que tiña unha reunión en Santiago co Presidente da Cámara de Caminha e co xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, para tratar a problemática do ferri.
Dende o Concello da Guarda dáse moita importancia ao deporte, intentando promocionar a vida saúdable. Por iso,  “ésta é unha gran oportunidade para unir a paisaxe e o deporte”, destacaba a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez.

O prazo de inscrición está aberto e finalizará o 26 de xuño. Ata o día 22  a cuota é de 10, é dende 0 23 de xuño ata o xoves 26 poderá adquirirse por 12 euros.  A inscrición e o pago efectuarase a través da páxina web www.nortsport.es, e inclúe seguro deportivo, avituallamentos e un pequeno regalo. Haberá Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría, 3 primeiros absolutos e 3 primeiros guardeses en categoría masculina e feminina.

O tempo límite para finalizar a proba será de 3 horas, polo que dende o Concello anímase a participar a todo aquel que sexa maior de idade e que estea un pouco en forma, xa que non se necesita ser un gran deportista para participar nesta proba.
Lembrarvos que a recollida de dorsais realizarase no mesmo día en A Sangriña, ata 45 minutos antes do inicio da carreira, e é obrigatorio presentar o DNI.

O Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, destacou a importancia dun Trail que é pequeno en dimensións pero que conta cun gran valor paisaxístico e deportivo. Ademáis, respeta o medio ambiente e o noso entorno. Aproveitou a ocasión para felicitar e agradecer  a  colaboración de Alberto Pena,  Sergio Rodríguez Teixeira, Nort Sport, e outros moitos voluntarios que fixeron posible que se poida levar a cabo esta iniciativa.


Para acceder ó reglamento, á inscripcióm, ou ver a ruta, no seguinte enlace: www.nortsport.es

Cartel do evento.
Momento da presentación. Concello de A Guarda.

No hay comentarios: