7 feb. 2014

SUCESOS


Afunde unha gamela na Armona e o pescador é rescatado con síntomas de hipotermia.

PB / Camposancos

Contra ás seis desta tarde, venres 7 de febreiro, un pescador acabou na auga tras volcar e afundir a gamela na que traballaba. Os propios compañeiros, que estaban na Pasaxe, acudiron inmediatamente tras ver a gamela volcada para axudar ó tripulante, que acabou sendo rescatado varios metros máis abaixo debido á corrente que neses intres había no Río Miño.
O pescador, moi asustado, foi trasladado por unha ambulancia do 061 ó centro de saúde con síntomas de hipotermia.

VÍDEO


FOTOS
 

No hay comentarios: